Fene albergou o galego de cros para veteranos, que se desenvolveu nun circuíto no barrio de San Valentín. Ao vento e a choiva caída durante a proba uniuse un circuíto moi brando, polo que o desenvolvemento da carreira foi un inferno para os participantes, atletas desde 35 aos 75 anos en diante. A primeira proba foi a de mulleres que gañou Rocío Alvite (Sar), seguida por María Teresa Castro (Noia) e Guadalupe Lodeiro (Sar). En W35 a vencedora foi Rocío Alvite, seguida por Guadalupe Lodeiro (Sar) e Noemí Freijó (Verxel Nutrición). En W40 gañou Noelia Papín (Sada), seguida por Raquel Armesto (Sada) e Ana Alonso (Beade).
En W45 o triunfo foi para María Teresa Castro (Noia), seguida por Inés Papín (Sada) e Sonia Vázquez (Verxel). En W50 o triunfo foi para Monserrat Pallise (Verxel), seguida por Ana Isabel Rodríguez (Fluvial) e María Jesús Río (Fluvial). O W55 gañou Marina Fernández (Milladoiro), seguida por Olga Prado (Ouren) e Loudes Prieto (Milladoiro). En W60 gañou Begoña Darriva (Egovarros) e en W65 venceu María Luisa Armesto (Sada).
Na segunda carreira participaron os da categoría M35 e M40, en total 65 competidores. O primeiro en cruzar a liña de meta foi Jorge Crespo Arias (Sar), seguido por Iván Fernández e Elpidio Gómez Sousa (Adas). Jorge, Crespo, Iván Fernández e Juan Pena (Pedro Nimo), foron os tres primeiros en M35, mentres que en M40 gañou Elpidio Gómez (Adas), seguido por Enrique Goce (Sar) e José A. Abuín (Sada).
Por equipos en M35 e M40 gañou Sar, seguido polo Adas e o Egovarros.
A última carreira foi de maiores de 45 anos en diante. En M45 gañou Samuel Vega (Milladoiro), seguido por Ramón Serantes (Pedro Nimo) e Xosé Manuel Meizoso (Olympo As Pontes). En M50 gañou Jesús Rego (Lucense), seguido por José Suárez (Boimorto) e Lorenzo Sánchez (Runaways). En M55 o triunfo foi para Pedro Luis Delgado (Milladoiro), seguido por José Luis Bouza (Atletismo Narón) e Antonio Fraga (Porto do Son). En M60 venceu Javier Toro (Verxel), seguido por Eduardo Pineda (Sada) e Jesús Lodeiro (Milladoiro). en M65 gañou Juan Citoula (Fluvial), seguido por Manuel Otero( Corredoiras) yAntonio Méndez (Egovarros). Para rematar en M75 gañou Antonio Cabanas (Egovarros).