luns, 1 de agosto de 2016

OZA XA TEN AOS SEUS «CORRECAMIÑOS» (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Un turista vasco que está de vacacións preto Rábade foi onte coroado como o correcamiños de Oza, despois de ter cuberto en 21 minutos e medio o percorrido de 6,2 quilómetros que bordeou os parques de San Diego, Eirís e Oza. Iñaki Gerica Juan (do club Donostiarrak) impúxose ao gran favorito desta sexta carreira popular do circuíto Coruña Corre , Abdelaziz Fatihi Chhima (Marineda Atlético), que cruzou a meta en segunda posición e case medio minutos despois, e que foi seguido de Pablo Bocelo (Atletismo Coruña) que cubriu o percorrido en 22 minutos.

«Foi un pouco duro. Non son de aquí, nin coñecía o percorrido e non sabía si había costas, chairos... E a verdade é que hai unhas costas enormes, sobre todo a primeira e un par deles nos parques», explicaba onte Gerica tras recoller a súa medalla como campión. O corredor amateur recoñeceu que se decatou da proba por Internet, e que este non foi o seu primeiro triunfo. «En Donosti, de onde son, gañei xa algunhas carreiras», apuntou, ao mesmo tempo que apuntou que as condicións meteorolóxicas axudaran, porque aínda que había un pouco de humidade, «a temperatura foi moi boa».

Con todo, non todos os corredores opinaban igual que Iñaki Gerica, xa que para moitos a dureza da proba estivo nas inclinadas costas do percorrido e tamén na calor. De feito, dos 740 participantes que tomaron a saída no parque de San Diego, soamente lograron volver cruzar a meta no mesmo punto 531 deportistas, posto que o resto decidiron abandonar polo camiño.

Os máis rápidos

Tras o final da proba absoluta sucedéronse as competicións do resto de categorías, con percorridos máis pequenos, que foron desde os 2,4 quilómetros ata os apenas 500 metros que tiveron que cubrir os corredores máis pequenos, e cos que se puxo fin á gran festa do deporte de San Diego. Jorge Sieira converteuse no máis rápido na categoría xuvenil-cadete, mentres que nos alevíns o primeiro en cruzar a meta foi Martín Maciel; nos benxamíns, Daniel Salgueiro; e nos infantís Tomás López.

Tras a correspondente recollida de medallas, que presidiu o concelleiro de Deporte, José Manuel Sande, todos os participantes quedaron emprazados para volver pór a proba a súa resistencia na próxima carreira popular, a sétima do circuíto, que terá lugar o 4 de setembro no barrio do Ventorrillo.


Fonte: www.lavozdegalicia.es