martes, 25 de marzo de 2014

PADRÓN ACOLLERÁ O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 10KM EN RUTA.

A Concellería de Deportes de Padrón coa colaboración dos Concellos de Dodro e Rois, organizan o sábado 5 de abril a partir das 11:30 horas, a XII Carreira Popular Concello de Padrón. Asemade, disputarase o Campionato de España Absoluto e Veteran de 10 km en Ruta 2014. 


As probas absolutas do Campionato de España e a Carreira Popular disputaranse sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón  e estarán baixo o control técnico das Federacións Española (RFEA) e Galega de Atletismo (FGA). 

Pola mañá realizaránse as probas dos mais pequenos con percorridos que varían dende os 200m dos pitufos até os 3500 dos infantis e cadetes. Xa pola tarde, ás 17h daráse a saída a proba xuvenil sobre 5 km conxuntamente coa popular que percorrerán 2 voltas (10km) ao circuito. 
Por volta das 18:30, será á quenda do Campionato de España de 10km en ruta na que participarán alguns dos millores fondistas nacionais e galegos.