venres, 17 de febreiro de 2017

PADRÓN ULTIMA TODO PARA O GALEGO DE 10KM EN RUTA DESTE SÁBADO

Acábase de presentarse oficialmente a X Campionato de Galicia de 10 km. en Ruta no Concello de Padrón, cuio acto estaría presidido polo Concelleiro de Deportes Andrés Sanmarco e o Presidente da Federación Galega Isidoro Hornillos. Xunto eles tamén se atoparía o técnico de Deportes do Concello Roberto Martínez.

O Campionato organizado por Concello e Federación, disputarase o sábado a partir das 17.30 horas e nela está confirmada a presencia de Paula Mayobre, Lolo Penas, Esther Navarrete, Pedro Nimo, Yolanda Gutiérrez e Manuel Hurtado os cales parten como favoritos tanto para a loita polo título como para copar os potos de podium.

Previamente  a disputa do campionato e a partir das 16.00 horas, desenvolveranse carreiras para as categorías inferiores, disputándose conxuntamente xunto a proba principal,  a XV  Carreira Popular Concello de Padrón con importantes premios económicos para os gañadores.