mércores, 28 de setembro de 2016

PARTICIPA NA TRAS-RIL-SAN

A asociación TRASRILSAN achega a I Carreira e Andaina Solidaria para este domingo 2 de outubro no campus universitario en Santiago, para colaborar con esta entidade sen ánimo de lucro e axudar a tódolos transplantados. Evento apadriñado por Pedro Nimo e avalado pola FGA.

A participación pode facerse na modalidade de carreira o nunha andaina de 5 quilómetros para os maiores, xa que para os máis pequenos será igualmente de dura mais soamente dun quilómetro.

Se queres acadar unha camiseta asinada polo padriño acude o vindeiro sábado ó salón cultural do Corte inglés na planta baixa entre as 18 e as 20:00 horas.