mércores, 23 de marzo de 2016

PARTICIPA NO PROGRAMA DE ANIMACIÓN DA MARATÓN ATLÁNTICA C42 (Fonte: www.coruna.es)

Xa está aberta a convocatoria para participar no Programa de Animación do Maratón Coruña42, que se celebrará o vindeiro 17 de abril. A actividade está dirixida a grupos de música, danza e masterclass deportiva interesados en animar esta proba deportiva. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 23 até o 30 de marzo.  As bases de participación e o modelo de solicitude poderá descargarse da web municipal de Carreiras Populares  www.coruna.es/carreiraspopulares, e deberá enviarse, debidamente cumprimentada, á dirección de correo carreraspopulares@coruna.es.

A Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de publicar as bases da convocatoria para participar no Programa de Animación Coruña42 2016. Deste xeito, o público asistente poderá participar dunha maneira máis lúdica a través das diferentes actividades que se desenvolvan de forma paralela durante a carreira.

A solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do DNI da persoa responsable do grupo e, no caso de ter algún membro menor de idade, autorización do pai, nai ou representante legal (descargable na web de Deportes www.coruna.es/carreraspopulares ) e copia escaneada do pai, nai, titor ou titora legal que asina a autorización da ou do menor. Así mesmo, na solicitude deberá constar unha breve biografía sobre o grupo e unha foto do mesmo en formato jpg. Os grupos deberán ter en conta todas as condicións incluídas nas bases de participación.

Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, a comisión designada valorará a idoneidade e viabilidade de cada unha das propostas de animación nos espazos previstos para iso ao longo do circuíto. A resolución será comunicada a través do correo electrónico facilitado na solicitude. A partir do 1 de abril poderán consultarse a lista de grupos solicitantes na web municipal de carreiras. 

É momento de animar aos maratonianos, entreter aos cidadáns e todas e todos xuntos gozar dunha festa cultural e deportiva. A Maratón Atlántica Coruña42 ofrécenos un magnífico marco o próximo 17 de abril, agora só faltas ti e a túa arte. Esperámoste!