mércores, 5 de xullo de 2017

PAULA MAYOBRE, A RAÍÑA DO ASFALTO GALEGO (Fonte: www.diariodeferrol.com)

Paula Mayobre moveuse este ano como peixe na auga sobre o asfalto. A atleta aresana sumou o pasado fin de semana o título de campioa autonómica de cinco quilómetros en ruta á súa palmarés. Un cordón que se suma aos outros dous na estrada que xa conseguira con anterioridade esta campaña: o de dez quilómetros e o de medio maratón.
Mayobre foi a vixésimo primeira atleta galega en cruzar a liña de meta a nivel global e fíxoo cun rexistro de 17:17, o que lle valeu a primeira posición no cadro feminino. A aresana sentiu moi boas sensacións nun circuíto sobre o que os participantes deron dúas voltas. Así, desde practicamente os primeiros metros, Paula colleu un bo ritmo nunha carreira moi rápida e na que se atopou moi cómoda en todo momento. 
A deportista do Clínica Dental Seoane Pampín cruzou a liña de meta con máis de dous minutos e medio de vantaxe sobre a segunda clasificada, Aurea Retamal.
Na cita tamén participou José Miguel González, da Escola de Atletismo Paula Mayobre, que acabou nun magnífico sétimo posto.
Paula Mayobre deixou atrás os problemas físicos que a lastraron a longo do presente ano e agora comeza a acumular quilómetros "de calidade" na súa preparación.
Desta maneira, a aresana aproveitará o período estival para realizar diversas carreiras coas que tentar chegar a punto ao outono e embarcarse nun media maratón.