domingo, 12 de xuño de 2016

PAULA MAYOBRE CONSEGUE EN ESGOS O GALEGO DE MONTAÑA (Fonte: ww.lavozdegalicia.es)

A aresana Paula Mayobre logrou en Esgos (Ourense) o título de campioa galega de montaña, que xa conseguira no 2014.

Ademais, na Subida Rocas ou Eirado tamén se apuntou o triunfo, cunha nova marca ao rebaixar o tempo utilizado en cubrir o trazado duns 13 quilómetros. Superou nun minuto e medio a plusmarca que xa establecera ela mesma no 2014.