xoves, 2 de novembro de 2017

PEDRO NIMO E RAQUEL SUÁREZ VOARON NA POPULAR DE RIANXO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Máis de 800 persoas déronse cita onte na praza Castelao para gozar da quinta edición da Carreira Popular Concello de Rianxo. Nin a choiva, que estivo presente por refachos durante a tarde, puido augar unha cita deportiva que cada ano conta con maior apoio e nivel. Entre todos os participantes destacaron dous, Pedro Nimo e Raquel Suárez, que venceron nunha proba absoluta que contou con deportistas chegados de todos os puntos de Galicia.

Nimo, do 3&Run Club de Corredores, terminou o percorrido cun tempo de 31:54. Seguiuno no podio Jorge Crespo, do Atletismo Sar, que se colgou a prata cunha marca de 32:17. O terceiro en liza foi Miguel Penedo, do mesmo club que Nimo e que excedeu a liña de meta tras 32 minutos e 34 segundos. En feminino, o segundo chanzo do podio estivo ocupado pola mazarica Rocío Alvite, do Atletismo Sar. A terceira foi Esther Pedrosa, do USC, que acabou cunha marca de 39.33.

Á perfecciónA pesar de que a choiva ameazou a xornada, desde a Policía Local de Rianxo seguiron adiante co dispositivo de seguridade. «Saíu todo moi ben, perfecto. Para o ano que vén manterémola», afirmou o edil de Deportes rianxeiro, Xusto Ordóñez, quen asegurou que a mellor noticia fora os máis de 150 mozos que se deron cita na praza Castelao, xa que pon en relevo a difusión do deporte na vila.