domingo, 9 de xullo de 2017

PEDRO NIMO E RROCÍO ALVITE GAÑAN A MEDIA MARATÓN O GRAN CAMIÑO (Fonte: www.elcorreogallego.es)

O compostelán Pedro Nimo, cun tempo de 1:12:09, e a mazaricana Rocío Alvite (1:24:47) gañaron esta mañá a primeira edición da media maratón O Gran Camiño que contou cuns espectadores de excepción: os centos e peregrinos que facían a Ruta Xacobea entre Arzúa e Arca e que non deixaron de animar aos máis de 230 atletas que participaron na proba. Os mellores atletas do Pino foron Mela Penas Blanco, quinta na xeral, e Amador Pena Torreira, sétimo, que se proclamaron vencedores na categoría de Veteranos 1.

Cun ritmo de 3:25 minutos por quilómetro, Pedro Nimo non tivo rivais na categoría masculina e encabezou o pelotón en todo o percorrido polo concello do Pino. O avulense Roberto Rubén Jiménez empezou moi forte, liderando a carreira nos primeiros quilómetros, pero despois tivo que renderse ante a fortaleza do ex campeón de España de maratón e cruzou a meta en segundo lugar, a case tres segundos do compostelán (1:14:55). A terceira praza foi para o ourensán Javier Paredes González (1:15:10).

Algo máis competida estivo a proba na categoría feminina, aínda que a mazaricana Rocío Alvite Ferreiro non deu opción a ningunha das súas rivais. Desde os primeiros metros xa encabezou a carreira e, cun promedio de 4:01 minutos por quilómetro, sacoulle na meta case medio minuto a segunda clasificada, a rioxana afincada en Santiago Esther Rodríguez Díez (1:25:14). A terceira praza desta categoría foi para a atleta do Rosal Ariana González Verde, cun tempo de 1:27:34

Á chegada a liña de meta, ubicada xunto a piscina municipal do Pino, en Lameiro-Arca, todos os corredores coindían en destacar a excelencia do percorrido e a sorte de poder compartir O Gran Camiño cos centos de peregrinos que hoxe se dirixían a Santiago pola Ruta Xacobea. “Posiblemente nunca tiven tanta xente animando durante a proba. O percorrido é excelente”, resumía o veterano Benito Gallardo Francisco quen, procedente do Carballiño, quedou en segundo lugar na categoría de maiores de 60 anos.

Unhas apreciacións coas que coincidiron tanto o gañador, Pedro Nimo, que xa se prepara para disputar o maratón de San Sebastián o vindeiro mes de novembro, como o andaluz Rafael Palme, quen chegou onte mesmo de Xerez para participar hoxe no Gran Camiño.
De feito, moitos dos peregrinos decidían descansar uns minutos e animar e aplaudir aos atletas a medida que estes iban avanzando no percorrido da proba, que con algo máis de 21 quilómetros uniu por primeira vez a alameda de Arzúa e a localidade de Arca (O Pino). Os alcaldes dos concellos organizadores amosaban a súa satisfacción polo feito de que non se rexistrasen incidentes e que todo transcorrese con normalidade. “Esta é unha primeira experiencia, para o ano que ven melloraremos todo o posible”, indicaba Manuel Taboada, rexedor do Pino, anunciando a continuidade de O Gran Camiño.
Na entrega de trofeos, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, resaltaba o bo momento polo que atravesa o atletismo galego, que recentemente obtivo a segunda praza no Campionato de España por autonomías, por detrás de Cataluña.
Para facilitar a convivencia entre atletas e peregrinos, a organización contou coa colaboración da Asociación Galega de Ciclistas. Unha nutrida representación acompañou aos corredores durante toda a proba, advertindo aos camiñantes do paso dos corredores nos diferentes puntos.
Á chegada a meta, aqueles atletas que o precisaban recibían unha masaxe que ofrecía unha das colaboradores da corganización, a clínica de fisioterapia Lidia Ramos. A organización contou tamén co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, El Corte Inglés, Abanca, Gonzacar.

Nas clasificacións por equipos, o gañador foi o Sar Vermú Petroni, con 97 puntos; seguido do Club Deportivo Vagalume Energía, do Pino (148); o Atletismo Milladoiro (390) e o Clube Atletismo Boimorto (605 puntos).

Os mellores do Pino
O Clube Vagalume Energia, do Pino, foi o segundo na clasificación por equipos e contou cunha nutrida representación nesta media maratón. Os mellores atletas foron Mela Penas Blanco (1:36:23), que quedou quinta na clasificación xeral e foi a gañadora na cateogoría de Veteranos 1. 
No apartado masculino, Amador Pena Torreira, tamén do Vagalume, quedou en setima posición na clasificación xeral, cun tempo de 1:20:35, e proclamouse gañador na categoría de veteranos 1.

Clasificacións
Os seis primeiros clasificados da xeral, tanto en categoría masculina como feminina obtiveron un trofeo e un premio en metálico de entre 300 e 50 euros, segundo o posto. Na clasificación por equipos os premios eran de entre 300 e 75 euros para os catro primeiros.
Os gañadores de cada unha das categorías foron os seguintes:
Absoluta masculina:
1. Pedro Nimo del Oro 1:12:09
2. Roberto Rubén Jiménez 1:14:55
3. Javier Paredes 1:15:10
4. Miguel Penedo 1:15:32
5. José Lojo 1:17:35
6. Alfonso Antonio Gómez 1:18:25
Absoluta feminina
1. Rocío Alvite Ferreiro 1:24:48
2. Esther Rodríguez Díez 1:25:13
3. Arian González Verde 1:27:34
4. Tina Fernández Barreiros 1:28:10
5. Mela Penas Blanco 1:36:23
6. Inés Pampín Estévez 1:36:43
Junior
1. Daniel Antelo 1:29:16
2. Rubén Ferreiro Rial (O Pino) 2:08:52
Promesa feminina
1. Lucia Quintela 2:02:25
Sénior masculino
1. Miguel Penedo 1:15:32
2. José Lojo 1:17:35 
3. Ricardo León 1:20:58
Sénior feminina
1. Tina Fernández 1:28:10
2. Sandra Fernández 1:45:16
3. Iria Soto 1:42:32
Veteranos 1
1. Amador Pena Mela Penas Blanco
2. Alberto Carou Laura Núñez
3. José Antonio Gómez Helena González Pérez
Veteranos 2
1. Antonio Gómez Ruiz Inés Pampín Estévez
2. Agapito Baamonde Eva de la Fuente Iglesias
3. Carlos Busto Lobato Ana Isabel Ouviña Figueira
Veteranos 3 (non participaron mulleres)
1. Lolo Neira
2. Francisco Sanmarco Santos
3. Jesús Uzal Miramontes
Veteranos 4
1. Ramiro Pérez Pereira Araceli Veiga Bermejo
2. Benito Gallardo Francisco
3. Jesús Manuel Lodeiro Méndez

Os corredores do Vagalume
Os corredores do Vagalume Energía, de O Pino, obtiveron estes resultados
  • Amador Pena Torreira 1:20:35
  • Alberto Carou Carril 1:20:34
  • Adrian Gomez Fernandez 1:27:03
  • Gutavo Rios Sanchez 1:28:14
  • Victor Maneiro Freire 1:28:33
  • Antonio Vázquez Tourón 1:29:13
  • Iván Pablo Sanmartín Carreira 1:32:25
  • Jesus Uzal Miramontes 1:35:53
  • Mela Penas Blanco 1:36:23
  • Juan Jose Alvarellos Barreiro 1:39:26
  • Eva De La Fuente Iglesias 1:42:18
  • Esteban Sueiro Iglesias 1:45:09
  • Alicia Muiño Pose 2:01:17
  • Ruben Ferreiro Rial 2:08:52
  • Juan Carlos Castro Suarez 2:08:47