Lolo Penas e Paula Mayobre lograron onte a vitoria absoluta da popular Torre de Hércules, a única carreira nocturna do circuíto Coruña Corre. Penas asinou un tempo de 21;45, 24 segundos máis rápido que David Pelísek e 35 que o líder do circuíto Abdelaziz Fatihi. En mulleres, Mayobre acabou con 23:33; case minuto e medio máis rápido que Vanessa Lafuente e dous minutos que Angharad Davies.
En categoría xuvenil, o vencedor masculino foi Yago Pazos cun tempo de 7 minutos e 35 segundos. Alejandro Fiel e Adrián Feixe completaron o podio tras chegar a 4 e 14 segundos de forma respectiva. Aitana Miras, cun tempo de 10:28, e María Carregal, con 11:04, foron as primeiras mozas.
O resto de vencedores foron: Ermías Fernández e Marta Vilas (cadetes); Gabriel Núñez e Ana Valines (infantís); Sergio Soto e Susana Amor (alevíns); e Daniel Salgueiro e Carlota Fontenla (benxamíns).
La Voz de Galicia envorcouse coa proba e estivo moi presente durante a carreira cun photocall. Mañá, este xornal ofrecerá a todos os seus lectores, de forma gratuíta, un suplemento de oito páxinas coas mellores fotografías e unha ampliación de todo o ocorrido onte.