luns, 24 de xullo de 2017

PENEDO REINOU NA NOCTURNA (Fonte: www.diariodearousa.com)

O atleta Miguel Penedo proclamouse o pasado sábado vencedor da XIV Carreira Nocturna Cidade de Vilagarcía, que reuniu a máis de 200 atletas na categoría absoluta e a preto de 400 en total.

Penedo alzouse coa vitoria tras unha loita ata o último momento co vilagarcián Isma López. Ambos correron parellos durante gran parte de próbaa pero, a falta de algo máis dun quilómetro para cruzar a meta, foi Penedo quen se desmarcou, logrando finalmente impoñerse ao seu rival e deixalo atrás.

O gañador da proba absoluta logrou completar os 10 quilómetros nun tempo de 32:15, tan só quince segundos por diante de López.

En mulleres, a gañadora foi María Yolanda Gutiérrez. No seu caso non houbo tanta igualdade co resto das corredoras senón que a atleta puido ir por diante dos seus rivais con folgura. Finalmente cruzou a liña de meta cun crono de 34:24, moi lonxe da segunda.


Público envorcado

Como adoita ser habitual, a Nocturna contou, ademais de con numerosa participación de deportistas, cun importante respaldo de público durante o percorrido pola rúas de Vilagarcía, que animaron aos atletas no seu esforzo.

O trazado deseñado pola organización era o mesmo de edicións anteriores, saíndo da Avenida da Mariña e transcorrendo por Rivero de Aguilar, Val Inclán, García Caamaño, Alexandre Bóveda e Elpidio Villaverde, circuíto duns 3 quilómetros ao que os participantes tiñan que dar tres voltas. As categorías inferiores completaron diferentes distancias dependendo das idades dos participantes.

Ademais da Fundación Deportiva Municipal, tamén colaboraron na organización os dous clubs de atletismovilagarcianos, o Atenas Runnin Club e o Atlética Mazí.

Fonte: www.diariodearousa.com