Promovida pola Asociación Cancro de Páncreas e a Asociación Española de Pancreatología, a cuarta edición da Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas, terá o seu inicio nunha proba solidaria o 4 de novembro en Terrasa (Barcelona).
A esa carreira seguiranlle outras o 11 de novembro en Alacante, Las Rozas (Madrid), Milán e Bolonia (Italia) e o 25 de Novembro en Vilamartín de Valdeorras (Ourense).
O 100% do recadado na inscrición destas carreiras será destinado á investigación do cancro de páncreas. Trátase dunha carreira solidaria que pretende concienciar á sociedade da importancia deste tipo de cancro e conseguir fondos para seguir investigando contra esta enfermidade.
Fila cero
Para as persoas que non poidan participar nalgún dos eventos da Carreira das Cidades, os organizadores puxeron en marcha a Fila 0 desde a que se poderá colaborar nesta causa solidaria achegando axudas económicas.
Organizadores
A Asociación Española de Pancreatología ( AESPANC), que representa aos médicos e investigadores especializados no estudo e manexo das enfermidades do páncreas e a Asociación Cancro de Páncreas ( ACANPAN), que representa aos pacientes afectados por este tumor, tiveron a iniciativa e organizan esta carreira. Desde 2016 uniuse a elas a Asociación Italiana para o Estudo do Páncreas.