O dominio portugués regresa á proba de referencia do cros en Galicia. Nuno Costa completou o seu outono máxico cun traballado triunfo no Belarmino Alonso e o seu compatriota Clarisse Cruz, olímpica en Pequín e Londres nos 3.000 obstáculos, dominou a proba feminina.
Os dous tiveron competencia. Na carreira masculina Alejandro Fernández, o ourensán do ADAS, encabezaba todas as quinielas para o triunfo, pero todos os seus intentos se estrelaron coa fortaleza de Nuno, que tirou de inicio, superou un momento crítico e terminou en liña ascendente. «Ao inicio saín un pouco rápido e logo funme apagando. Non medio atopei unha parede e logo de escalala puden rematar forte. Houbo un momento que non daba máis e pensei que Alejandro podía, pero o tamén viña sufrindo», comentou o luso afincado en Sigüeiro, que milita no San Paio da Estrada e que esta tempada xa se impuxo nas populares de Santiago e Ourense. Alejandro Fernández tivo que conformarse co segundo lugar e o terceiro foi para o céltico Gonzalo Basconcelo. Fernando Serrâo, outro dos lusos, caeu vítima da gripe cando loitaba polo podio.
A proba feminina tamén foi un man a man entre Clarisse Cruz e Ester Navarrete. A portuguesa do Comesaña marcou o ritmo de inicio, a viguesa do ADAS valdeorrés respondeu con dous ataques pero na última volta a especialista nos 3.000 obstáculos demostrou a súa calidade e pegou un cambio de ritmo que lle levou directa á meta. Navarrete entrou como segunda e a tamén lusa do Comesaña Sofía Martíns foi terceira. «Foi difícil. Conseguín adaptarme e bater a Ester, que é bastante forte. A semana pasada ela gañoume na carreira do San Martiño e hoxe gañeille a ela», comentou a lusa, que ten en mente clasificarse para os seus terceiros Xogos Olímpicos e que fichou polo Comesaña vigués para poder disputar o calendario de probas do atletismo español. Na carreira xuvenil e júnior feminina destacou Iria Rodríguez, un portento porriñés do ano 1999.
A edición do 2016 foi a primeira do Belarmino como proba do calendario da RFEA, o que confirma o seu potencial.