luns, 7 de decembro de 2015

PREMIOS PARA SARA VIEITES, VANESSA LAFUENTE E OLIMPIA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A ceense Sara Vieites Ferreiro, de 7 anos; a carballesa Vanessa Lafuente Varela, e o Club Olimpia de Cee serán os premios extraordinarios en clausúraa da segunda edición do circuíto Correndo pola Costa da Morte, que se celebrará o vindeiro venres, día 11, no Salón do Voluntariado de Muxía.
 
A velada, que comezará ás 21.00 horas, reunirá a todos os atletas máis sobresalientes ao longo das nove carreiras que se disputaron durante a tempada. Comezaba o 8 de marzo en Camariñas e concluía o pasado 22 de novembro en Muxía. Entre ambas as disputáronse as carreiras populares en Vimianzo, Dumbría, Zas, Cee, Carnota, Corcubión e Fisterra.

Haberá recoñecementos para os vencedores nas categorías absolutas de 5 e 10 quilómetros, nas súas distintas modalidades de M40, M50, absolutos, locais e foráneos. Tamén se entregarán premios aos atletas que completaron as nove carreiras durante todo o circuíto.

Finalmente, chegarán os recoñecementos especiais. O premios Superación será para Sara Vieites Ferreiro (Cee, 2008), pola «súa forza de vontade, esforzo, ilusión e gañas de seguir loitando; polo seu sorriso e pola lección que nos da a todos cada vez que a vemos na liña de saída dunha carreira». Sara, a princesa da Costa, comezou as carreiras en cadeira de rodas debido unha parálise dos membros inferiores e, despois de sete meses, competiu en Muxía cun andador na categoría de pitufos.

Vanessa Lafuente Varela (Carballo, 1986) correu no circuíto gañando as sete carreiras nas que participou na súa categoría, pero ao non estar inscrita no circuíto non puido entrar na clasificación. Por iso váiselle a recoñecer publicamente a súa extraordinaria competitividade.

Finalmente o premio especial ao club promotor de base é para a Asociación Deportiva Olimpia, pola súa implicación no atletismo e, de forma especial, nas categorías inferiores. O xurado explica: «Os seus atletas estiveron presentes en gran número en todas as probas que compoñen o circuíto».