xoves, 23 de xuño de 2016

PRESENTACIÓN DA I EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE

Na casa da cultura de Begonte, levouse a cabo a presentación da I Carreira Popular Concello de Begonte ante os medios de comunicación.

O acto estivo presidido polo alcalde do concello, Don José Ulla Rocha, Don Luís Luaña Castelo Concelleiro de Educación e Cultura, Turismo e Promoción de Emprego, foi outro dos membros da corporación municipal begontina presente. E Don Manuel Teijeiro Valledor, vicepresidente 1° da Federación Galega de Aletismo, acudiu en representación da FGA.