Hoxe sábado día 3 abriuse o prazo de inscripción na proba deportiva que se celebrará o sábado 22 de xullo, en vísperas das festas patronais do Santiago Apóstolo.
Esta mañá presentouse a segunda edición da Carreira Popular do Apóstolo, que tamén contará con unha Andaina saudable e solidaria, na Casa do Concello da Laracha, xunto ao alcalde, Jose Manuel López Varela e os concelleiros Patricia Bello e Jose Ramón Martínez. En representación da xunta directiva da Asociación Cultural Adro de Vilaño (entidade organizadora) estiveron Juan Carlos Ramos (presidente) e Rubén Mallo (secretario), estando tamén presente Orfi Méndez en representación de Cáritas.
A Asociación Adro de Vilaño, que no seu primeiro ano de vida organizou as Festas Patronais do Santiago Apóstolo e a I Carreira Popular do Apóstolo, a cal contou con preto de 500 participantes, pretende potenciar o evento deportivo para consolidalo como un refente deportivo no propio concello e na Costa de Morte.
O evento desenvolverase de forma moi similar á primeira edición, sendo o punto de saída e chegada no Adro de Vilaño, donde a asociación organizadora ofrecerá un lote de servizos para os participantes: gardería para os nenos con monitores, gardarroupa, duchas, aparcamentos, fisioterapia, zona de crioterapia e avituallamento líquido e sólido con pinchos finais.
Os percorridos serán iguais ós do ano pasado, estando deseñados para tódolos públicos, desde nenos de 3 anos ata veteráns, habendo premios para todos eles. A distancia da proba absoluta será de 10 Km que transcurrirán por Vilaño e parde da Laracha. De forma paralela desenvolverase a Andaina Saudable e Solidaria por un cirucito de 3,8 Km, que pretende conseguir fondos para os máis necesitados do propio Concello. A metade da recaudación será doada a Cáritas de A Laracha.
O evento será en horario de serán, dando comezo ás 17,50 h coas categorías escolares, as 19,00 h saída da proba absoluta e finaliza coa saída da Andaina planificada para as 19,05 h.
As inscripción xa se poden facer efectivas na web oficial da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata o mércores 19 de xullo. Tamén se habilitarán puntos de información e inscripción presencial no Concello de A Laracha (departamento de deportes) e na Piscina Municipal de A Laracha. A maiores, os menores de idade terán a posibilidade de deixar feita a inscripción nos propios centros de ensino do concello, aos que a entidade organizadora fará chegar información e fichas de inscripción.
O prezo da inscripción é de 5 euros para os maiores de idade e gratis para os menores, tanto na carreira como na andaina. Coa inscripción, os participantes recibirán unha camiseta técnica conmemorativa do propio evento.