Acabamos de presentar a III Carreira Camiño das Letras Galegas na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Conmemórase a posta en valor da Ruta Xacobea e o día das Letras Galegas que a Real Academia Galega dedica este ano ao poeta galego Manuel María.
Ao acto acudiron tamén os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo e Valentín García, acompañados pola directora de proba Carmen Vázquez o Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos e polo atleta internacional Pedro Nimo. Esta proba disputarase o próximo 15 de maio.