martes, 23 de setembro de 2014

PRESENTACIÓN DA IV EDICIÓN DA CARREIRA DA AUGA EN SADA.

Onte fíxose a presentación da IV Edición, coa presenza de membros do Club Sada organizador do evento, así como autoridades locais e o presidente da FGA A IV Edición, celébrase o próximo día 12 de outubro a partir das 10 da mañá e esta encadrada na II Edición do Circuíto de Carreiras Populares da Diputación da Coruña. 

Unha das novidades desta edición, é que os nenos nados en 2008 en diante inscribiranse en (pinchar aqui) porque as súas carreiras serán cronometradas con chip. Os nenos nados do 2009 ao 2014 teranse que inscribir na web clubatletismosada.com. Formulario Inscripcion 

Ademais das carreiras celebrásese unha andaina de 4 km. Outra das novidades que mentres se celebra a andaina celebrásense carreiras de relevos para as categorías Benjamín. Alevín e Infantil na que só poderán participar Clubs de Atletismo Federados.