luns, 27 de outubro de 2014

PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONTERREI

O Concello de Monterrei, en colaboración coa A. D. Limiactiva, organiza a I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONTERREI, que se celebrará o vindeiro domingo día 2 de novembro.

O pasado venres, celebrouse a presentación da proba, na casa do Concello de Monterrei, á que asistiron o Alcalde, Jose Luis Suárez, Marcos Meno, técnico do concello e Óscar Gómez e Roberto Feijoo por parte da A. D. Limiactiva.

Esta primeira edición contará con carreiras para todas as categorías, e ás inscricións estarán abertas ata o xoves, na web www.carreirasgalegas.com, nas oficinas do Concello de Monterrei e na tenda de deportes Multisport Verín.