Esta mañá presentouse a V Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo, na sede do concello.
Á parte do alcalde do municipio, Evencio Ferrero e do Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, tamén participaron no acto Esther Pedrosa e Carlos Adán Arias, dous excepcionais fondistas galegos que seguen activos nas súas categorías de veteráns e que son un exemplo para moitas xeracións de atletas.