O Concello de Xermade organiza a V CARREIRA POPULAR DE XERMADE, que se celebrará o vindeiro sábado día 15 de novembro.
Onte celebrouse a presentación da proba, na casa do Concello de Xermade, á que asistiron o organizador Ernesto Ares Yáñez o Alcalde Tomás Rodríguez Arias e o Delegado da Federación Galega de Atletismo en Lugo Pablo Gandoy.
Esta edición contará con carreiras para todas as categorías, e ás inscricións estarán abertas ata o xoves día 13 de novembro na web www.carreirasgalegas.com