martes, 27 de maio de 2014

PRESENTACIÓN DA V EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO

Por quinto ano consecutivo o Concello de Sandiás e a A.D. Limiactiva apostan por promover a práctica deportiva coa presentación da V edición da Carreira Popular Torre do Castro

A alcaldesa de Sandiás, Concepción Méndez, e o presidente da A. D. Limiactiva Óscar Gómez, fixeron a presentación ante os medios de comunicación da 5ª edición da Carreira Popular Torre do Castro.

Un ano mais, a A. D. Limiactiva encargarase da organización desta proba, que contará con 5 carreiras durante a mañá do domingo día 1 de xuño.

As inscricións online poderanse facer na web www.carreirasgalegas.com e presencialmente na Casa do Concello de Sandiás así como na tenda de deportes Running Sport Ourense.

O prazo de inscrición remata o xoves día 29.

Óscar Gómez comentou que non haberá grandes novidades nesta edición, pois se manteñen as mesmas carreiras, percorridos e horarios que nas anteriores edicións. Quixo destacar o composición dos novos equipos, que pasan a estar formados por 4 atletas, sendo obrigatorio que conten con alomenos unha muller entre os seus componentes.

A Torre do Castro e o San Bieito de Uceira, serán testigos un ano máis, do estado de forma dos intrépidos atletas que se atreverán a desafiar as duras rampas que levan ata a capela do santo.

O Concello de Sandiás e A. D. Limiactiva agradeceron o apoio das empresas patrocinadoras, pois o seu esforzo e colaboración é fundamental para que a carreira siga sumando edicións.