Por sexto ano consecutivo o Concello de Sandiás e a Asociación Deportiva Limiactiva apostan por promover a práctica deportiva coa celebración, o vindeiro domingo 31 de maio de 2015, dunha nova edición da Carreira Popular Torre do Castro.
Como xa é tradicional nesta proba, celebraranse 5 carreiras por categorías. Destacando a novidade introducida o ano pasado, a obriga de que na composición dos equipos de 4 atletas conten con alomenos unha muller entre os seus compoñentes.
Os horarios das probas, así como as distancias, coma xa é habitual, van ser:
- Ás 10.30 para a carreira absoluta (8.000 m.), proba incluída no circuíto de Correr en Galicia e no calendario das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo.
- Ás 10.40 para a carreira infantil-cadete (1.500 m.).
- Ás 11.45 para a carreira benxamín-alevín (750 m.).
- Ás 12.00 para a carreira prebenxamín (350 m.).
- Ás 12.10 para a carreira ¨pitufos¨(150 m.).
A torre do Castro e o San Bieito da Uceira voltaran ser testemuñas do estado de forma dos intrépidos atletas que se atrevan a desafiar as duras rampas, os xa famosos dous quilometros da dura subida, que levan ata a capela do santo.
Tanto o Concello de Sandiás, como a Asociación Deportiva Limiactiva, agradecen a importante colaboración da Deputación de Ourense, así como de todas as empresas e veciños voluntarios, que fan posible que esta carreira siga sumando ano tras ano novas edicións.