Benvidos a esta nova plataforma do atletismo adicada á información e difusión das carreiras populares oficiais do calendario galego, tanto as de rango nacional como autonómico. Aquí poderás consultar o calendario de probas, distancias, normativas, resultados... de cada unha das carreiras oficiais organizadas en Galicia.
Tamén se inclúe unha pasarela para realizar as inscripciones e pagos que permiten tomar parte en cada evento. O usuario non terá necesidade de introducir a súa información en próximos eventos. Bastará con facelo só a primeira vez xa que quedarán almacenados na base de datos, regulada polas Leis de Protección de Datos actualmente en vigor.
Para facilitar a veracidade da información e evitar erros involuntarios ao encher os campos, inclúense varios menús desplegables como a relación de todos os clubs galegos con licenza autonómica e nacional, así como o resto de máis de 500 clubs doutras comunidades; tamén se inclúe a base de datos de todos os países do mundo, concellos españois e de todo o colectivo de atletas federados.
Á fronte do departamento de Carreiras Galegas da FGA, desenvolvendo as tarefas de director, atópase Carlos Castro. O resto dos membros do servizo son Julio Santiago, Javier Alonso e Luis Gómez (estadística e ránking). Nos seremos os responsables do mantemento desta WEB e funcionamento da pasarela de pago e inscripcións. Asemade, as relacións cos diferentes organizadores das carreias oficiais desenvoltas en Galicia se xestionaran a través deste departamento.
Desde hoxe mesmo poñémosnos a disposición dos organizadores de carreiras oficiais para facilitarlles toda a axuda que precisen e contribuir a optimizar o éxito do evento atlético.
Se desexas poñerte en contacto co departamento para pedir información ou ben facer propostas de mellora pódesnos escribir a info@carreirasgalegas.com.
Recibide un cordial saúdo:
Carlos Castro, Julio Santiago, Javier Alonso e Luis Gómez