Este xoves dia 22 de xuño as 11.00 horas no centro Cultural "Marcos Valcarcel" (Rúa Progreso, 30) de Ourense, terá lugar a presentación oficial do himno da Federación Galega de Atletismo.
Esta composición, cuios dereitos foron cedidos de balde polo Director da Real Banda de Gaitas de Ourense Xosé Luis Foxo, enmárcanse dentro da continuidade dos actos de conmemoración do século de existencia da Federación Galega e cuios eventos principáis desenvolveríanse a pasada tempada.
Por tal motivo a Federación convida a todas cantas persoas desexen acudir ó acto a presenciar e tomar parte no mesmo debendo para elo tan só confirmar a asistencia no teléfono 67 71 41 318