venres, 18 de marzo de 2016

PRESENTACIÓN DO V MARATÓN CORUÑA 42

Conta atrás para o V Maratón Coruña 42, coa vista posta nos 42.195m presentamos oficialmente  o percorrido da carreira, con saída no Cantón Grande e entrada maxistral na Praza Consistorial de María Pita.

 Os valentes atletas  tratarán de alcanzar a fazaña de Filípides en terras de Hércules, correndo polas rúas da cidade de cristal os  populares e os federados que participan no Campionato de Galicia nun entorno idílico onde as condicións do asfalto e o escaso desnivel, xunto coa beleza do seu percorrido  fan  que o  circuíto de Coruña 42 teña  un atractivo engadido.

 Paralelamente realizarase unha proba de 10 Km que contará coa participación do dobre Campión do Mundo de Maratón Abel Antón, atleta cun historial impoluto que ven disposto a gozar da beleza do percorrido e da  súa rapidez.