O Cross de Ribadavia 2016 celebrarse esta fin de semana no Concello de Ribadavia, onde reunirá a 600 deportistas nunha das probas de maior tradición.
O acto de presentación deste evento deportivo contou coa presenza do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; o coordinador xeral do Cross de Ribadavia 2016, Eladio Gómez; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e en representación da Xunta de Galicia, Manuel Pérez.