venres, 22 de agosto de 2014

PRESENTACIÓN OFICIAL DA 2ª CARREIRA POPULAR DE BENQUERENCIA TERRA - MAR

Onte as sete da tarde (19:00h), na misma riveira da praia de Valea, o lado da Tapería o Castro e da Parrillada Oliñas, en Benquerencia -Barreiros (Lugo), tiña lugar a presentación oficial da 2ª Carreira Popular Benquerencia Terra - Mar, organizada polo Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, que terá lugar o vindeiro Domingo día 7 de setembro de 2014, a partires das 9:30 h e, a que asistiron ademais dun numeroso público, entre outras o Excmo. Sr. Alcalde do Concello de Barreiros, o   Presidente da Federación Galega de Atletismo, Secretario da Federación Galega de Atletismo,  o Xefe Provincial do Servizo de Deporrtes da Xunta de Galicia, Membros das asociacións e clubes colaboradores, Asociación VEA, Xefe protección civil Barreiros, Sarxento e presidente da Asociación de bombeiros da Mariña, Presidente do Clube Deportivo Pracias de Barreiros,  Presidente do CIR de Benquerencia,Vice-presidente Escuela de Surf North Shore,  entre outros.

Aperturaba esta presentación oficial, o Presidente do C.I.R. de Benquerencia, organizador do evento, dando un percorrido polo inicio da carreira, fai casi xa un ano, lembrando aquela iniciativa que ahora xa é unha realidade, e da que indicaba ian por todos os esforzos en conseguir que esta nova edición fora un novo éxito, non sin expresar a sua tristura polo atranco que supón, que a última hora, e dende o concello veciño de Ribadeo, se colocase xusto o día anterior as seis da tarde unha media maratón, que sin duda nos vai a roubar participantes.

Durante as distintas intervención, destacabase por parte dos presentes a forza que en tan só unha edición acadou esata proba, que xa está a ser un referente nas probas de atletismo, non so a nivel galego sinón nacional, formando parte xa do calendario da F.G.Atletismo, da cal o seo presidente louvaba a grandeza desta proba, así como as caracteristicas tan especiais que reune o percorrido, nun entorno tan especial, mezclando o paisaxe fermosa do interior do pobo de Benquerencia, xunto con a indiscutible das praias donde discurre a parte de mar da carreira, ademais de lembrar a singularidade deses 300.- ms. que recorrerán os participantes pola veira auga, así mismo facia un claro apoio a mesma, poñendo o dispor da organización os medios dos que dispón a Federación Galega de Atletismo.

Non faltaron eloxios por parte do Xefe Provincial do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero, quen agradecía a colaboración desinteresada das distintas asociación e casas comerciais, e pedía unha competición participativa, e sobre todo limpa, na que tanto gañadores como perdedores, disfrutaran do deporte do Atletismo, e dos paisaxes e singularidade desta proba.

E por último era o Excmo. Sr. Alcalde do Concello de Barreiros D. Alfonso Fuente, quen facía a derradeira intervención da presentación, animando a participación, e agradecendo o Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia a sua labor na organización e acerto no diseño da proba, a cal da xa como asentada a vez que ´poñía a disposición da organización todo o apoio por parte do Concello.

So queda esperar a que a xente que desexe participar, siga apuntandose en todas e cada unha das categorías que a carreira ofrece, e esperar que o vindeiro dia 7 de setembro esta edición da 2 carreira popular benquerencia terra mar, sexa un novo exito para todos.