martes, 17 de xuño de 2014

PRESENTADO O CAMPIONATO GALEGO DE 5 km EN RUTA E A I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS.

Curtis estréase no ámbito do atletismo popular e federado cun importante evento que terá lugar o sábado día 5 de xullo a partir das 20:30 horas. Hoxe tivo lugar a presentación desta carreira que acollerá o Campionato Galego de 5 km en ruta.  

Ao acto asistiron o técnico de deportes, Pablo Chacón, o concelleiro de deportes D. José Barral, o alcalde de Curtis D. Javier Cainzos, o concelleiro de servizos D. Emilio Souto e o presidente da FGA D. Isidoro Hornillos. 
Todos eles destacaron a importancia deste evento para o Concello de Curtis que se suma así á promoción dos hábitos saudables e a práctica do atletismo.