mércores, 10 de xaneiro de 2018

PRETO DE 600 INSCRITOS PARA A CARREIRA POPULAR SAN XIAO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A media tarde de onte un total de 584 persoas formalizaran xa a súa inscrición para tomar parte na trixésimo quinta edición da carreira popular de San Xiao, que se disputará este domingo polas rúas e prazas do centro da cidade e que tamén discorre polo interior do Arsenal de Ferrol, o que fai a esta proba especial, xa que habitualmente está pechado ao público.

Os interesados en tomar parte nesta actividade poden anotarse na páxina web wwwcarreirasgalegas.com.

É totalmente gratuíta, aínda que o prazo para anotarse finaliza ás dez desta noite. Os organizadores da competición marcáronse o límite dun milleiro de participantes.

Para a carreira de menores na xornada de onte apuntáronse 25 deportistas.A proba dispútase na mañá domingo (11 horas) con saída e meta nas instalacións do pavillón de Esteiro. O percorrido total da carreira é de dez quilómetros.


Fonte: www.lavozdegalicia.es