martes, 24 de outubro de 2017

RÉCORD DE ESPAÑA DE MEDIA MARATHON PARA ESTHER PEDROSA

Na pasada edición da media marathon de Valencia desenvolta o pasado dia  22 de Outubro, a atleta do Clube Universidade de Santiago Esther Pedrosa Carrete da categoría veterán W-55 establecería un novo récord de España da súa categoría ó rematar a distancia de 21,097 km cun rexistro oficial de 1.25.51.

Con este récord o palmarés de Esther Pedrosa segue a medrar acadando un novo éxito deportivo ó seu importante curriculum.

A maiores e na mesma proba, tomarían parte as atletas galegas Esther Navarrete (187º con 1.17.54) e Raquel Pedrosa (472º con 1.23.16) nunha proba absoluta femenina gañada pola atleta keniata Joyciline Jepkosgei quen cun  rexistro de 1.04.51 establecería un novo récord mundial da distancia.