A carreira 5 quilómetros Razo Correndo pola Praia tamén pechará mañá o prazo de inscrición. Onte superaron os 130 participantes. Na pasada edición, que foi a primeira, inscribíronse 200, pero finalmente disputárona 168, cifra que o Club Os Muditos esperas superar.
O prazo para anotarse concluirá ás 23.59 horas de mañá na páxina web www.carreirasgalegas.com. A participación é gratuíta. Tamén informa os organizadores, que conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Concello de Carballo, que o número máximo de participante admitidos será de 300. A proba estará controlada por chip.
Haberá once categorías: pitufo (2008 e anteriores), benxamín (2006 e 2007), alevín (2004 e 2005), infantil (2002 e 2003), cadete (2000 e 2001), xuvenil-júnior (1996 a 1999), promesas-sénior (1995 aos 34 anos), veteranos A (35 a 49 anos) e Veterano B (desde os 50 anos en diante).
As previsións son que se poidan superar os rexistros do ano pasado. Na categoría masculina teno Cristian Muíño (Coristanco), en 17 minutos e 22 segundos, e na feminina Teresa Castro (Vimianzo), en 21 minutos e 57 segundos.