luns, 12 de maio de 2014

ROBERTAS GERALIVICIUS E RAQUEL SUÁREZ ALCANZAN A VICTORIA NA XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ORDES. (Fonte: http://www.concellodeordes.com)

Na proba incluída no II Circuíto Provincial de Carreiras competiron maís de 400 atletas de todas as idades.

A Alameda de Ordes encheuse esta mañá de atletas e aleccionados con motivo da XIX Carreira Popular organizada polo departamento de Cultura e Deporte municipal. Nesta ocasión contou coa participación de máis de 400 corredores de todas as idades e vidos de diversos puntos da xeografía galega, nunha proba que integrada dentro do II Circuíto Provincial de Carreiras Populares.

Robertas Geralavicius, Víctor Riobó e Akka Essaadaqui acadaron os tres primeiros postos respectivamente na proba absoluta, ao igoal que Raquel Suárez, María del Carmen Penas e Marinela Blanco na modalidade feminina. En ambos casos os participantes deberon completar un percorrido de case 10.000 metros.

Unha proba na que tamén se otorgou un premio especial aos corredores locais Carlos Fernández, Pablo Raña, José Manuel Boquete e Carmela Becerra. No caso dos máis veteráns os trofesos foron parar ás mans de Antonio Cabana e Carmen Casas.

As probas comenzaron a partir das 10 horas coas carreiras dos máis novos. Na categoría benxamín os mellores tempos foron para Antón Romar Fernández e Ixía Lema Barcia. En alevín a primeira posición foi para os irmáns Daniel e Deki Mato, mentres que en infantil foi para Leonardo Guazzone e Ana García. No caso dos cadetes os que se alzaron co trofeo máis importante foron Pedro Osorio e María Sexto. 
Ademais destes recoñecementos tamén recibiron un premio especial os grupos de atletismo local Coyote e Raposo.