O deputado provincial de Deportes, José García Liñares, presidiu onte a gala de entrega de premios do cuarto Circuíto Provincial de Carreiras Populares.
Mazaricos tivo moito protagonismo no acto, xa que a atleta da localidade Rocío Alvite proclamouse campioa da competición no apartado feminino.
O campionato, no que participaron máis de 15.000 corredores, estivo composto de 30 probas, que se desenvolveron en diferentes municipios da provincia coruñesa. Entre eles incluíronse Carnota, A Pobra, Ribeira, Rianxo, Boiro e Porto do Son.
Alvite estivo acompañada no podio por Eusebia Maldonado e Natalia Lorenzo. Por outra banda, no apartado masculino o vencedor foi Amador Pena. Manuel Pérez e Luís Antelo foron segundo e terceiro, respectivamente.
O equipo triunfador da cita foi o Club Atletismo Sar, que quedou primeiro tanto en homes como en mulleres.
Fonte: www.lavozdegalicia.es