As probas atléticas populares no período do Nadal enchen o calendario polideportivo na provincia. Onte tivo lugar a presentación oficial de Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas, evento que se desenvolverá o domingo día 17 e que cumprirá a décimo sexta edición.
A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de Ponche Noalla e o evento divídese nas seguintes categorías: sub 10- benjamín (atletas nados nos anos 2009 e 2010), sub 12-alevín (2007 e 2008), sub 14-infantil (2005 e 2006), sub 16-cadete (2003 e 2004), sub 18-xuvenil (2001 e 2002), júnior/promesa- sub 23 (1996 a 2000), sénior (desde 1995 a veteranos) e veteranos (a partir de 35 anos). Ademais, haberá unha proba para os máis novos. A carreira dos pitufos está destinada a mozos nados no ano 2011 e posteriores.
Haberá tres carreiras. A que aglutina aos atletas desde a categoría benjamín ata a xuvenil, que se poñerá en marcha ás 10,30 horas, consta de 2,5 quilómetros. A carreira absoluta dos sub 23,os sénior e os veteranos ten un percorrido de 10 quilómetros e comeza ás 11,30 horas. Para a unha da tarde queda a dos pitufos, con 200 metros de percorrido.
Ademais, ás 13,10 horas haberá un ágape para os participantes e ás 13,30 poñerase en marcha a entrega de premios e o sorteo de agasallos.
Esta Carreira do Nadal poñerá en liza ademais o Campionato provincial de 10 quilómetros en ruta.
As inscricións
Os interesados en participar na carreira poden inscribirse de forma presencial en Runmaniak (Avenida de Bos aires número 17, Ourense), ata o luns día 11, e ata o martes 12 na dirección web
www.carreirasgalegas.com.