luns, 31 de xullo de 2017

ÓSCAR PIÑEIRO FOI O VENCEDOR DA PROBA DE BOBORÁS (Fonte: www.farodevigo.es)

O Concello de Boborás acolleu a quinta proba do circuíto galego de carreiras de montaña "Trail Galicia", a única cita este campionato celebrará na provincia de Ourense.

Unha proba na que participaron ao redor do centenar de atletas das catro provincias galegas e comezou desde os histórico Pazos de Arenteiro e rematou no Polideportivo de Boborás.

Unha carreira que tiña unha dificultade media, que contaba c on un percorrido de 18,2 quilómetros polas rutas enclaves e naturais e históricas deste municipio. O vencedor da carreira foi o atleta Óscar Piñeiro Pérez do equipo Kennel Dean que fixo un crono de 1:18:17, na segunda posición fíxoo Alberto Carou Carril do Deportivo Vagalume a 25 segundos do vencedor e a terceira para Daniel Paz Pardo..A vencedora na categoría feminina foi Mónica Touriño Ferreirós cun tempo de 1:43:34.e a segunda Eirís España.