Sergio Piñón proclamouse campión da proba de cinco quilómetros da Carreira Solidaria Ferrol Corre , celebrada o sábado pasado na contorna de Decathlon coa presenza de 600 inscritos nas probas de adultos e de categorías inferiores.
Despois de Piñón, do Atletismo Narón, que empregou 16 minutos e 35 segundos, cruzaron a meta Alejandro Llamazares (Corredores Populares da Armada, con 17.00) e Óscar Tolosa (Pitius, con 17.21), que completaron o podio. Na proba feminina, tamén sobre cinco quilómetros, as tres primeiras foron Luz Cercido, Marta Guerrero (Armada) e Elena Sierra .
Piñón, de categoría promesa, evidentemente tamén foi o primeiro no seu rango de idade, por diante de Javier Pazos e Carlos Cándano, que completaron o podio. De similar forma, Tolosa resultou o máis rápido entre os Veteranos 1, por diante de Ricardo Álvarez e Jesús Rodríguez. Lorenzo Sánchez foi o primeiro en cruzar a meta de entre os participantes da categoría de Veteranos 2, por diante de Antonio López e Lino López Fernández.
Alejandro Pérez, Luis Sánchez e Sergio Santalla ocuparon, por esta orde, o podio de categoría júnior.
Álvaro Ordiales foi o primeiro cadete, antes de Nordés Ventureira e Manuel Pita.
Aroa Picos, foi a primeira júnior e, entre as xuvenís, Inés Doce e Irene López conseguiron o ouro e a prata, respectivamente. En categoría cadete, venceu Paula López seguida por Sara Santiago e Andrea Seco.
Luz Cercido e Marta Guerrero tamén foron ouro e prata entre as veteranas 1, con Begoña Pacio na terceira posición. E en veteranas 2 Elena Sierra foi a máis rápida, con Anxos Rodríguez e Begoña Martínez a continuación.
A proba, organizada a beneficio da Cociña Económica, esixía que cada participante entregase un quilo de alimentos non perecedoiros para a institución no momento de recoller o seu dorsal.
CATEGORÍAS INFERIORES
Infantís Club
1. Carmen Jiménez Ezquerra
2. Marta Rey Castro Ría Ferrol
3. Diaou Diallo Chao Narón
1. Roi Polo Varela Narón
2. Pablo Barrán Franco San Xoán
3. Daniel Álvarez Caneiro
Alevíns Club
1. Martina Díaz Sedes Ría
2. Alicia Barreiro López Ría
3. Lucía Blanco Méndez Ría
1. Martín Pazos Ocampo Ría
2. Raúl Gil Gundín Ría
3. Álvaro Armenteros Muiño Ría
Benxamíns Club
1. Gabriela Serantes Martín Ría
2. Maite Sánchez Primoy Ría
3. Ana Mª Jiménez Ezquerra
1. Noel Rodríguez Crespo Ría
2. André Ordiales Sendón Narón
3. Mario Tenreiro Leira San Xoán