xoves, 23 de febreiro de 2017

SERVIZOS DO IX MEDIO MARATÓN C21

Caixóns de saída
Haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan embotellamentos no inicio da proba.
Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintivo.
Rogamos responsabilidade aos atletas á hora de situarse nos mesmos para poder gozar todos, o día da carreira.

Caixón 1:
homes < 33 min. en 10km e < 1h20min. no medio maratón
mulleres < 40min en 10km e < 1h35min. no medio maratón.
Caixón 2:
homes entre 33 min.- 36 min. en 10km e entre 1h20 min.- 1h25 min. no medio maratón
mulleres entre 40 min. e 43 min. en 10 km. e entre 1h35 min. e 1h40 min no medio maratón.
Caixón 3:
homes entre 36 min. e 39 min. en 10km e entre 1h25min. e 1h30 min. no medio maratón.
mulleres entre 43 min. e 46 min en 10 km e entre 1h40 min. e 1h e 45min no medio maratón.
Caixón 4:
homes entre 39 min. e 42 min. en 10km e entre 1h30 e 1h35 min. no medio maratón.
mulleres entre 46 min. 49 min en 10 km. e entre 1h45 min e 1h50 min. no medio maratón.
Caixón 5: tempos superiores aos especificados no Caixón 4, ou sen marca.

Servizo de Roupeiro
Habilitarase un servizo de roupeiro que estará dispoñible para todos os corredores nunha carpa situada nunha zona próxima á zona de saída, no Obelisco desde as 08.30 ata as 09.30 e desde as 11:15 ata as 13.00 horas o día da carreira.

Servizo de duchas
Establecerase, un servizo de duchas nas Instalacións do Palacio dos Deportes de Riazor, ao que os atletas poderán acceder co seu dorsal, en horario de 11.00 a 14:30 horas.

Avituallamiento persoal:
Os corredores que queiran dispoñer do seu propio avituallamiento persoal nos puntos sinalados, deberán entregalo o domingo antes da carreira, ata as 9:00 horas, na secretaría da carreira, situada na carpa próxima á saída. Para iso deberán entregalo nun envase pechado e etiquetaxe no que poñerán o punto quilométrico no que queren atopalo e acreditar á persoa que desexan farase cargo da entrega en man, ao seu paso polo
avituallamiento. No suposto de non designar a unha persoa, depositásese na primeira mesa e será responsabilidade de cada corredor recoller o seu propio avituallamiento.