A parella formada polos carballeses José Antonio Señarís e José Río tentarán repetir o triunfo da pasada edición na Carreira Nocturna Solidaria de 2 en Dous que terá lugar o vindeiro sábado en Carballo.
O prazo para anotarse concluirá hoxe na web www.carreirasgalegas.com.
A inscrición é gratuíta. Fixáronse as categorías de adultos, cadetes e infantís por parellas, así como alevín, benjamín e pitufos individual.
A organización corresponde ao Club Atletismo Carballo, que contará coa colaboración do Concello de Carballo e a Federación Galega de Atletismo.
Señarís e Río volverán ter a competencia dos 139 participantes que onte estaban anotados. Na lista figuran Abdelkader e Óscar Fernández, dos que tamén se espera unha boa actuación. Outra parella para ter en conta na competición absoluta é a formada por Fran Pais e Gabriel Castiñeira, que o ano pasado ocuparon a terceira praza da clasificación xeral.
A distancia para os maiores é 5 quilómetros. O dúo formado por Señarís e Río realizaron o traxecto en 19 minutos e 21 segundos, aínda que moi axustados, con Javier Alegre e Mikel Ocerín, con 19:31, e Gabriel Castiñeira e Fran Pais, con 19:42.Na competición de pequenos, a máis concorrida é a dos biberóns, con 50 participantes inscritos. En benjamines figuran 33 atletas e en alevíns, 14.
Fonte: www.lavozdegalicia.es