xoves, 11 de xaneiro de 2018

SOLANGE COMPITE COA SELECCIÓN DE EUROPA (Fonte: www.atlantico.net)

Doce atletas españois, entre eles a canguesa  Solange Pereira, competirán o vindeiro sábado no tradicional Cros de Edimburgo, proba que enfrontará ás seleccións de Europa, Gran Bretaña e Estados Unidos no emblemático escenario do  Holyrood  Park da capital escocesa.

Adel  Mechaal, recente subcampión de Europa da especialidade e principal baza no combinado español, participará na proba de 8 quilómetros xunto ao estremeño Daniel Mateos.
En categoría feminina a representación española estará cargo de Nuria  Lugueros, que participará na proba de 6 quilómetros.
Na categoría  sub-20 masculina entrarán en acción  Annase  Manhobub,  Ouassim  Oumaiz e Mario García, que participarán na proba de 6 quilómetros.
Estes tres atletas conseguiron colgarse a medalla de ouro no pasado Europeo. Por último, na categoría feminina  sub-20 competirán Carla Gallardo e Cristina Ruiz.

Nos relevos mixtos
A participación española complétase coa proba de relevos mixtos, no que participarán Jesús Gómez,  Esther Guerreiro,  Solange Pereira e  Victor Ruiz, que xa conseguiron unha medalla de bronce no Europeo de  Samorin.
O equipo español realizará no Cros de Edimburgo unha proba nun formato de catro postas dun quilómetro cada unha.
A proba empezará ás 13:15 (hora peninsular española) coa carreira británica  sub-20 masculina e chegará ata as 15:35, cando se dará a saída á proba da categoría sénior masculina.