martes, 13 de setembro de 2016

SOLEDAD CASTRO, CAMPIONA DO MUNDO DE MONTAÑA NA CATEGORÍA VETERÁN

Soledad Castro Soliño do Comesaña Sporting Club, ven de procalamarse Campiona do Mundo na categoría W-50 o pasado dia a 27  do mes de Agosto en Susa (Italia) durante o transcurso da desputa do Campionato  Mundial de Montaña para atletas veteráns.

Sole, que compitiría sobre unha distancia de 6,55 km. cun desnivel de 780 metros, remataría a súa proba cun rexistro oficial de 51.07 sacando preto de dous minutos a segunda clasificada.

Non cabe dúbida que con este notorio trunfo, a discípula de Oliva Román, acada un importante e prestixioso resultado internacional que engadir ó seu dilatado palmarés de máis de trinta anos de compitición.