mércores, 11 de marzo de 2020
SUSPENDEN A CARREIRA "PORRIÑO 10 K" PARA PREVIR O CORONAVIRUS (Fonte: www.farodevigo.es)
O Concello de Porriño e o Club de Atletismo comunicaron onte á noite o aprazamento da carreira "Porriño 10 K" que ía ter lugar o vindeiro domingo día 15. A decisión adoptouse onte pola tarde á vista das recomendacions preventivas das autoridades sanitarias e do Consello Superior de Deportes sobre o coronavirus.
A inscrición para esta carreira chegou onte aos 1.300 e as previsións do Concello e do club organizador eran que se superarían os 1.500 participantes.
Fonte: www.farodevigo.es