Os seus pais son de Muros. Ela é americana, naceu en Nova Jersey (1983). Tina Fernández, que milita no Atletismo Sar, foi a gañadora da San Silvestre compostelá. Entrou na praza do Obradoiro en solitario, cun tempo de 19 minutos e 07 segundos. Por detrás quedaron Marta Prieto (19.18) e Lucía Couñago (20.00). Na pasada edición foi segunda e adestra coa exatleta Esther Pedrosa, edila de Deportes do Concello de Santiago.