sábado, 22 de outubro de 2016

TODO LISTO EN AMES PARA A DISPUTA DO IX CAMPIONATO DE GALICIA DOS 10KM

En Bertamiráns xa se atopa todo disposto para que este domingo dia 23 de Outubro de comezo a novena edición correspondente ao Campionato de Galicia de 10 km. Ruta que contará ca participación dalgúns dos nosos máis importantes especialistas na proba.

A priori, e como acontecera no recentemente Campionato de Galicia de Media Marathón, tanto Paula Mayobre (Independente) como Pedro Nimo ( RunBy Pedro Nimo) parten con certa ventaxa de cara a disputa dese título, si ben haberá que contar ca presenza tanto con Alejandro Fernández (ADAS-Proinor) como Yolanda Gutiérrez (Maeloc Way) ou mesmo Rocío Alvite (independente) que se atopan nun excelente momento de forma.

A cita será as 11.00 horas na Rúa Alcalde Lorenzo, a carón do Concello. Lembramos  a obrigatoriedade de pasar por cámara de chamadas e coa roupa do clube