Cristian Muiño, actual bicampeon do circuito de carreiras populares Correndo pola Costa de Morte parte como favorito.
Máis de 220 persoas xa confirmaron a súa asistencia á cita que a Asociación Cultural Adro de Vilaño e o Concello da Laracha preparan para o próximo sábado día 23 no concello da Laracha.
A organización do evento deseñou para a proba absoluta de 10 Km un percorrido a dúas voltas que discorrerá pola parroquia de Vilaño e pola periferia do casco urbán da Laracha. Tamén se adentrará nalgún camiño rural, o que lle dará un toque distintivo. A saída está prevista para as 19:00.
Os menores de idade participan gratis
Con anterioridade, a partir das 17:50 darán saída as probas escolares para menores de idade, con distintos traxectos acordes á idade dos participantes, e sendo variantes do percorrido absoluto. As categorías contempladas son Pitufo (100m, 18:45h), Benxamín-Alevín (1100m, 17:50h), Infantil-Cadete (3800m, 18:10h) e Xuvenil (5000m, 19:00h).
Inscripcións abertas ata o mércores día 20
As inscripcións poderán facerse ata o próximo mércores na web www.carreirasgalegas.com, no Concello de A Laracha, na Piscina Municipal e en Cultiagro. Máis información no facebook Adro de Vilaño.