Todo preparado para a segunda edición da Carreira Pedestre Concello de Oroso, despois do grande exito e acollemento da primeira edición celebrada o ano pasado con case 800 participantes, o Concello de Oroso prepárase este ano para superar este número.
O Concello de Oroso cun grande esforzo de coordinación e organización, comprácese en invitar a todos os corredores a participar nesta gran carreira.
Cun percorrido ameno, pintoresco e divertido, xa que discorre pola zona urbana de Sigüeiro, onde haberá que dar unha volta ao saír e outra antes de chegar á meta, combinando zonas de asfalto e terra pasando por diferentes paisaxes, cruzando pontes, pequenas aldeas, regatos, zonas arboradas etc..
O Concello poñerá a disposición dos participantes un punto medio de avituallamento onde se repartirán augas, regalarase unha bolsa zapatillero a todos os participantes que cheguen á meta, froita e refrescos.
Un percorrido precioso e diferente que non podes perder, contamos convosco.