martes, 16 de setembro de 2014

TODO PREPARADO PARA A CRONOESCALADA AO MONTE PEDROSO

O circuito CorreSan chega a súa 4ª proba coa ansiada cronoescalada individual ao Monte Pedroso; esta modalidade de carreira só se realizará na proba absoluta (de xuvenil en adiante). Nas probas das categorías benxamín-alevín e infantil-cadete realizarase unha proba conxunta.

O horario das probas será o seguinte:
  • 10:15 horas: carreira das categorías benxamín e alevín (percorrido íntegramente na Granxa do Xesto. 1 VOLTA AO CIRCUITO DE MENORES).
  • 10:30 horas: carreira das categorías infantil e cadete (percorrido íntegramente na Granxa do Xesto. 2 VOLTAS AO CIRCUITO DE MENORES).
  • 11:00 horas: inicio da cronoescalada ao Monte Pedroso. Sairán de un en un cada 30’’ aproximadamente. Comunicarase unha vez pechada a inscrición, a ordede saída dos corredores que deberán estar na zona de saída ás 11 horas.