sábado, 16 de setembro de 2017

TOURÍS - MICHEL E JOSECHO- BONI, OS DUELOS NA CARREIRA POPULAR DE CORCUBIÓN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Están inscritos 700 atletas para a Carreira Popular Concello de Corcubión de hoxe. A loita que manterán Javier Tourís (A Coruña) e Míchel Antelo (Vimianzo), polo título absoluto dos 10K, e a dos irmáns carnotáns Josecho e Boni González Rey a título particular poden protagonizar o espectáculo da proba.
Os deportistas estrean hoxe novo percorrido, debido a que evitarán a subida desde case os primeiros metros e o trazado dos 10K será pola rúas da vella Corcubión, que lembra a outros tempos cos seus escudos blasonados nas casas e ademais está a ría a un costado. A carreira chega este ano chega á edición número 16, o que a fai a máis antiga da zona tras a de Carnota.
Esta carreira forma parte do circuíto Correndo pola Costa da Morte 2017, do que logo só quedará por disputar a proba de Fisterra para finalizar esta cuarta edición. Varias categoríasLa competición está dirixida nas todas as categorías polos árbitros da Federación Galega de Atletismo.

A xornada comezará cos máis pequenos, os biberóns, con 81 participantes. A saída dos 450 metros darase ás 17.30 horas. Desde ese momento non se parará. Os 16 benjamines (900 metros) sairán ás 17.45; os alevíns, ás 18.00; os infantís, os cadetes, os xuvenís e os 3K, ás 18.15, e concluirán os da 10K sénior, veteranos M40 e M50, en cadeira de rodas e hanbbike, que será ás 19.00. 

A xornada atlética concluirá coa entrega de trofeos e galardóns (20.00 horas) aos diferentes vencedores en cada unha das categorías, así como aos dous primeiros clasificados locais, tanto masculino como feminino. Este acto terá lugar nas inmediacións do Casino de Corcubión.Os dorsais poderanse recoller a partir das 16.00 horas e 30 minutos antes de cada proba, tamén no vello Casino. Haberá ao final servizo de fisioterapia para todos os participantes que o demanden. Estará a cargo do persoal da Clínica Sar de Cee.

A Silva
Mañana celébrase a XIII Carreira Popular da Silva, na que están anotados 206 participantes. O inicio é ás 10.30.