xoves, 22 de outubro de 2015

TRISTE NOTICIA PARA O ATLETISMO, FALECE O ATLETA DO CLUB MILLADOIRO FERNANDO ABAD

No día de hoxe faleceu o atleta federado Fernando Abad do Club Milladoiro. Con tan só 34 anos de idade, Fernando ía en bicicleta e sospeitase que sufriu un infarto. 

Era presidente do Club Tambrebike, dado que gostaba do triatlón e tamén facía adestramentos en bicicleta. Unha moi triste noticia sen dúbida para os amantes do atletismo. 

Dende a FGA desexámoslle moito ánimo aos familiares, amigos do atleta e ao Club Milladoiro.